Damn Small é un pequeno live-cd de tan só 50 megas que naceu como un experimento para comprobar cantos paquetes cabían nun espazo reducido coa contorna máis amigable posible. O seu funcionamento é óptimo, baseado en knoppix (debian), usa fluxbox como contorna gráfica e é especialmente recomendable para arrincalo en calquera computador, por vello que sexa. Posibilita tanto a súa utilización desde cd, como a súa instalación nun lapis usb ou no disco duro.
Algunhas das novidades que incorpora son:
- restaurados módulos netfilter para o rc.firewall
- melloras á hora de facer unha nova instalación
- engadidos .mtoolsrc mtools_skip_check=1
- mellora do aspeto dalgunhas iconas
- solucionados erros
- e máis
Para descarga: mirrors
Enlace descarga directa: dsl-.4.0.alpha2
Fonte: FentLinux
