Nas seguintes ligazóns podes atopar unha serie de ferramentas de Software Libre para a PEME. Son comercializadas pola empresa
conetxia e pertencen ao proxecto
BulmaGes. As
demos que se atopan dispoñibles dende a web corresponden aos módulos de facturación (BulmaFact) e contabilidade (BulmaCont), ambas baixo licenza GPL.
BulmaFact é o módulo de Facturación de BulmaGés. Inclúe todo o proceso de compra e venta, así como as funcións habituais dun programa de facturación. A versión demo non ten ningunha limitación, pero non inclúe ningún dos plugins específicos creados para o programa. Demo BulmaFact
BulmaCont é o módulo de contabilidade de BulmaGés. A versión contida na demo é completamente funcional e non está limitada, nin en capacidade, nin en uso nin en usuarios ou licenzas. O programa está deseñado pensando no usuario final, pretendendo ca maioría das tarefas de compatibilidade sexan completamente accesibles e sinxelas de levar a cabo mediante un sistema moi intuitivo de utilización.
Demo BulmaCont