Uns días despois da publicación do OpenOffice.org 2.3.0 en galego , xa temos dispoñible desde a nosa web a imaxe do CD que contén as distintas versións da suite ofimática OpenOffice.org en galego para os distintos sistemas operativos, ademais do corrector ortográfico instalable mediante o asistente que trae o OpenOffice.org.
O CD contén:
- OpenOffice.org 2.3.0 para Windows , GNU/Linux e Mac OS X:
– Para Windows hai a versión completa e máis o paquete de idioma.
– Para GNU/Linux hai a versión en formato “deb” e “rpm”.
– Para Mac OS X hai tanto versión para PowerPC como para Intel.
– Para outras versións consultar a nova orixinal da publicación do OpenOffice.org 2.3.0 en galego - O corrector ortográfico de galego versión 2.0 listo para instalar co asistente do OpenOffice.org.
-
CD autoexecutable.
Podes descargala dende a sección de descargas da nosa web ou pulsando na imaxe que acompaña a esta nova e que tamén podes ver noutras partes da nosa web…
