Xa te podes descargar dende a nosa web a ISO do CD que contén tódalas versións da suite ofimática OpenOffice.org en galego para os distintos sistemas operativos, ademais do corrector ortográfico instalable mediante o asistente que trae o OpenOffice.org.
O CD contén:
- OpenOffice.org 2.1 para Windows, GNU/Linux (formato deb e rpm) e Mac OS X (para procesadores Intel) co corrector ortográfico en galego xa instalado.
- Pack de idioma galego para a versión de Windows.
- OpenOffice.org 2.0.2 para Mac OS X con procesador PPC.
- O corrector ortográfico de galego listo para instalar co asistente do OpenOffice.org.
-
CD con autoexecución.
