Mancomún

Desenvolvedores crean unha consultora que venderá servizos ao redor da suite ofimática KOffice

Desenvolvedores crean unha consultora que venderá servizos ao redor da suite ofimática KOffice

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.pngEsta semana anunciouse a creación de KOfficeSource GmbH, unha compañía que venderá servizos ao redor da suite ofimática KOffice. Os fundadores da empresa teñen membros activos da comunidade KOffice traballando con eles, ademais doutra xente. Todos comparten o mesmo interese, dar un soporte comercial a maiores do gratuíto existente e que se pode atopar nas listas de desenvolvemento e no IRC. A compañía operará en toda a comunidade europea.

Entre os fundadores da compañía atopamos membros recoñecidos da comunidade de KOffice. Así atopamos ao mantedor de Krita (programa de edición de imaxes), o mantedor e coordinador de marketing de KChart (programa de gráficas e diagramas). Ademais tamén atopamos entre eles ao fundador de KDE.

 

Máis información na fonte orixinal:
http://dot.kde.org/1199838571/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal