No futuro non haberá novas versións de LinEx-Edu distintas ás de Debian-Edu. As versións para Educacións de ambas distribucións de software libre integrarán as mesmas aplicacións, que ademais serán desenvoltas a través de fórmulas colaborativas aínda máis afinadas. Esta é unha das conclusións que destacan os técnicos da Junta de Extremadura participantes na Work Sessions Extremadura 2008 que reuniu a fin de semana pasada na capital autonómica a dezasete dos integrantes do equipo de traballo de Debian-Edu procedentes de seis países distintos…
Para o equipo técnico estremeño que ata agora se encargou de garantir a evolución do paquete LinEx-Edu, a decisión foi recibida como unha moi boa noticia. Un dos desenvolvedores de gnuLinEx do Centro de Nuevas Iniciativas da Junta de Estremadura, César Gómez, asegura que “deste xeito non só se pon á nosa disposición unha infraestrutura técnica moi ben montada como é a de Debian, senón que se unifican definitivamente os métodos de tratamento de reporte de fallos ou do testado técnico das aplicacións co que se afianzan as melloras”.
En Debian nunca se puxeron datas tope para ter listas as súas novas versións; “publícanse cando están listas”, como adoitan dicir, aínda que a semana pasada ningún dos asistentes á reunión consideraba que podía alargarse máis aló de “uns meses” sabedores de que hai escolas en Alemaña, Francia ou Estremadura que dependen de que o proxecto Debian-Edu salga á luz nun tempo razoable. Esta sería a primeira das súas versións, xa que logo, que integre as aplicacións que agora só se atopan en LinEx-Edu.
No balance da reunión os organizadores destacan así mesmo o resultado das probas realizadas con terminais lixeiros, “que serán moi útiles se prospera a idea de dotar á Secundaria estremeña dun computador por alumno” .
Ademais o noruegués Alf Tonny Batz falou da integración de aplicacións de audio como Rosegarden e Audacity en Debian e o alemán Henning Sprang expuxo así mesmo os últimos avances no sistema FAI para instalacións masivas da distribución libre.
A Work Sessions Extremadura 2008 permitiu así mesmo a celebración de reunións de coordinación entre responsables de diferentes infraestruturas técnicas educativas. O alemán Kurtz Gramlich, líder de SkoleLinux-Alemaña, por exemplo, mantivo ese tipo de encontros con representantes da educación estremeña.
É a terceira vez desde 2006 que os desenvolvedores de Debian-Edu reúnense en Estremadura. A primeira en Jarandilla de la Vera e as dúas últimas en Mérida “o que demostra o valor que se concede no mundo á experiencia da rexión con respecto ao software libre en Educación”.
