O pasado venres 2 de xuño de 2006, o Parlamento de Dinamarca aprobou por unanimidade unha resolución pola que ordena ao seu Goberno que, como moi tarde, o 1 de xaneiro de 2008 faga obrigatorio o uso de estándares abertos en informática na administración pública danesa.
Do contido da resolución pódense destacar os seguintes parágrafos:
O Parlamento ordena ao Goberno asegurar que o uso da tecnoloxía da información, incluíndo o software, no eido das autoridades públicas baséese en estándares abertos.
O Goberno deberá garantir que toda a información e datos dixitais que as autoridades públicas intercambien cos cidadáns, corporacións e institucións estean dispoñibles en formatos baseados en estándares abertos.
Estándares abertos significa que o estándar está
– ben documentado coa súa especificación completa dispoñible publicamente.
– libremente implementable sen limitacións económicas, políticas ou legais na súa implementación e uso, e
– estandarizado e mantido por un foro aberto (unha das chamadas organizacións de estandarización) a través dun proceso aberto.
O Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación dará o primeiro paso e todos os seus documentos estarán dispoñibles en estándares abertos (OpenDocument) a partir do primeiro de Setembro de 2006.
Fonte: www.estandaresabiertos.org
