Mancomún

Dispoñible o relatorio sobre estándares na Web

http://www.mancomun.org/images/stories/w3c.pngO martes 8 de xaneiro tivo lugar en Xixón un relatorio co título â??Estándares en la Web (Standards in the Web)â? a cargo de Martín Álvarez Espinar.

O obxectivo era introducir aos asistentes na necesidade de estándares para facer fronte a diversidade tecnolóxica presente na Web e garantir a interoperabilidade entre aplicacións. Algúns dos puntos da presentación foron:

  • A necesidade de estándares para accesibilidade e internacionalización, â??…a Web debe ser universal e para todo o mundo…â?

  • Web ubícua, â??… nun futuro: un ordenador por familia, pero un (ou máis) teléfonos móviles por persoa…â?
  • Web semántica para ter na web unha base de coñecemento e servizos tendo un acceso a información de forma eficiente.
  • Web de confianza, promovendo tecnoloxías que permitan seguridade, confianza, confidencialidade, … co fin de fomentar un contorno máis colaborativo.

Debido a crecente aparición de clientes web enriquecidos tamén se falou de interoperabilidade entre aplicacións amosando mediante exemplos gráficos o fluxo de comunicación entre as distintas partes. Como remate da presentación explícase por que funcionan os estándares web e cal é o proceso de construción dun estándar.

 

Fonte e referencias:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal