Como xa se anunciara neste portal, Mancomun.org estivo presente na OpenOffice.org Conference 2007 que se celebrou durante os días 19, 20 e 21 de setembro do ano pasado en Barcelona.
Hai xa uns meses anunciárase a dispoñibilidade, grazas ao traballo voluntario do proxecto esloveno KiberPipa, de varios dos vídeos das conferencias; pero por diversos motivos, o resto dos vídeos non estivo dispoñible ata hai uns días. Nestes vídeos poderemos ver e escoitar ás diversas personalidades da comunidade de OpenOffice.org que estiveron presentes na conferencia.
- Vídeos da OpenOffice.org Conference 2007
- Presentación de Mancomun.org (formato odp)
- Vídeo do relatorio de Xesús M. Benítez Baleato (Suso Baleato), coordinador de Mancomun.org
