DrQueue é un software para xestión dunha granxa de renderizado de imaxes con licenza GPL e funciona baixo GNU/Linux, FreeBSD, Irix, Mac OS X e Windows.
DrQueue distribúe tarefas baseadas en comandos tales como o renderizado de imaxes e está composta de tres ferramentas fundamentais: o “master”, o “slave” e o “drqman”. As tarefas principais de cada unha das ferramentas son as seguintes:
- O “master” actúa como servidor, onde se almacean todas as tarefas e onde os computadores que executan os “slaves” informan do estado das súas tarefas.
- Os “slaves” executan en cada nodo a granxa de renderizado. Informan ao “master” sobre o seu estado de carga, e si cumpren determinadas condicións para renderizar.
- “drqman” é a interface gráfica (baseada en GTK) usada para controlar os traballos e os computadores. Con “drqman” pódense priorizar traballos, paralos, reinicialos e moitas máis cousas.
http://www.drqueue.org/

