EiffelStudio é un completo contorno de desenvolvemento para a linguaxe de programación Eiffel. EiffelStudio inclúe un compilador, un depurador interactivo e moitas máis características modernas como un editor de diagramas de clases completísimo ou soporte para reorganización de código (“refactoring”).
A linguaxe de programación Eiffel naceu no ano 1986 e foi unha linguaxe pioneira na programación orientada á obxectos e centrado na construcción de software robusto. Cabe destacar que as linguaxes [[Java]], [[Ruby]] ou [[C#]] foron influenciadas por Eiffel…
EiffelStudio é altamente portable e soporta GNU/Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, a maioría das versións de Unix e incluso VMS ou sistemas embebidos.
A portabilidade das aplicacións está soportada por un gran conxunto de bibliotecas, incluíndo: EiffelBase (estrutura de datos), EiffelNet (rede), EiffelVision (Interface gráfica nativa), EiffelStore (acceso á base de datos), EiffelParse (análise), Gobo (XML), EiffelWeb (Web), EiffelCOM (COM) e moitas máis.
