Mancomún

Empresas xermanas protestan polo sistema de correo do parlamento

Empresas xermanas están a protestar debido a un proxecto piloto que tratará de empregar no parlamento alemán “Microsoft mail server Exchange”. O Departamento de Tecnoloxías da Información está manipulando á comisión, alega Linux Verband que representa máis de 80 compañías que traballan con solucións basadas en Open Source. “Sabemos que é un proxecto piloto, mais non houbo oferta pública” declarou Elmar Geese, presidente da Open Source Asociation.

De acordo coas noticias, o proxecto piloto está probando funcionalidades que só poden ser totalmente operativas con “Microsoft Internet Explorer”, “Isto resulta interesante porque o parlamento alemán recomenda o navegador de código aberto Mozilla Firefox por motivos de seguranza” remarca Heise.

Un portavoz do parlamento rexeitou a idea de que estivesen a separar da estratexia do software libre e aclarou que o “limitado” proxecto piloto estaba a usar Microsoft Exchange; alén diso, están a tomar as medidas axeitadas.

Aínda así, choven as críticas ao proxecto, pois, como é natural, non se pode entender porque un importante proxecto piloto non segue a liña oficial (e así o fixo notar Geese ós medios). Segundo as declaracións de Heise, algúns membros da asociación están a considerar emprender accións legais.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal