A falta de soporte para o emprego de Software Libre non é un problema real para a administración pública europea, segundo conclúe un estudo feito por investigadores de dúas importantes compañías dedicadas ás tecnoloxías da información, Unisys e Merit (Maastricht Economic and social Research and training Institute on Innovation and Technology).
O estudo, que comezou en 2004 e rematou en abril deste ano, foi realizado sobre 955 autoridades públicas en 30 estados membros da Unión Europea desde 2004.
As súas conclusións acaban de ver a luz, entre as que compre salientar que a falta de soporte que se percibe para este tipo de software é so iso, unha percepción e non unha realidade.
Un dos parágrafos vai nesta liña: “O 39% dos enquisados considerou problemático achar axuda técnica para os programas de software libre mais isto é unha percepción máis que un feito. Os nosos datos amosan que esta opinión é máis forte entre os que non son usuarios é están á marxe deste tipo de software. Os usuarios actuais de Software Libre teñen a tendencia a estar en desacordo en que o soporte sexa caro ou difícil de achar».
Outra conclusión do informe de Unisys e Merit é que adoptar Software Libre, en moitos casos reduce os custos. “O aforro en custos é normalmente o primeiro que vén á mente cando se pensa empregar Software Libre. Porén, isto funciona en só 3 de cada 6 autoridades analizadas”.
No entanto, a redución de custos non desempeña un papel especialmente motivador para todas as administracións públicas enquisadas que decidiron empregar Software Libre.
Fonte: IDABC
