Mancomún

A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía

A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía
Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

O 27 de setembro terá lugar, de 16:00 a 20:00 horas no Centro GaiásTech, a xornada “A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía”, dirixido a rapaces entre 14 e 17 anos.

Esta xornada ten como obxectivo dar a coñecer diferentes roles laborais onde se combinan a ciencia e a tecnoloxía. Participarán dez mulleres que traballan en diversos campos, incluíndo o académico, administrativo e empresarial.
O propósito é mostrar as posibilidades que se presentan despois de obter unha titulación universitaria, destacando que a formación recibida prepara para desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudados.
A actividade desenvólvese a través dun diálogo entre estas mulleres e a rapazada, pais e nais asistentes do evento, permitindo que se expoñan preguntas e se poida conectar cos temas discutidos.

https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/aventura-que-me-espera-descubrindo-ciencia-e-tecnoloxia

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal