Este curso oficial constitúe o itinerario formativo e de certificación deseñado pola organización internacional Linux Professional Institute (LPI) para a correcta preparación do seu nivel profesional avanzado de certificación LPIC-2: Linux Engineer.
O curso oficial Linux LPIC-2 traslada aos/ás asistentes os coñecementos necesarios para configurar un servidor Linux conectado á rede (interna ou internet) para que preste á súa empresa servizos esenciais como correo electrónico, servizos web, redes privadas virtuais VPN, SSH, DNS, servidores de arquivos Samba ou NFS con LVM e/ou RAID, etc.
O programa de formación de LPI está especialmente deseñado para proporcionar os coñecementos e habilidades necesarios para administrar calquera das distribucións dos sistemas operativos Linux e as súas ferramentas asociadas.


