O 23 de xaneiro de 2025, terá lugar o evento “Como crear unha REST API simple en Go” organizado por GDG A Coruña, no local de Sngular na Coruña, Rúa Sor Joaquina 6, A.

Descubre como construír APIs REST escalables e funcionais seguindo estándares da industria 🚀 mentres aprendes sobre tecnoloxías clave como Golang, Docker, Kubernetes e máis 🔧. Non importa o teu nivel, sempre hai algo novo que explorar e mellorar 🤝.
Únete a esta charla, chea de consellos prácticos e curiosidades, e mellora as túas habilidades! 💻✨
📅 23 de xaneiro de 2025
🕢 19:30 – 20:30 (GMT+1)
Temas clave
- Desenvolvemento profesional
- DevOps
Sobre este evento
¿Apasiónache o desenvolvemento de software ou estás explorando novas tecnoloxías?
🚀 Este evento é para ti! 🎯 Durante esta charla, liderada por Roberto García, Senior Software Backend Engineer en FACEPHI con case 9 anos de experiencia, mergullarémonos nos conceptos básicos e nas boas prácticas para crear unha API REST funcional e escalable con Go. 🦫


