Mancomún

Desvelando os segredos da rede de Kubernetes

Desvelando os segredos da rede de Kubernetes
Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

O vindeiro martes 16 de abril as 19:00 na Industriosa temos unha nova charla “Desvelando os segredos da rede de Kubernetes”.

Nesta charla Antonio Ojea vai desenredar os misterios e aventurarte máis aló da interfaz CNI de Kubernetes.

Neste charla abordarase:

  • O funcionamento do kube-apiserver
  • A exploración de kubelet, e como xestiona as conexións en cada pod.
  • Ir un pouco mai alá do básico, e descubre aspectos menos coñecidos de Kubernetes.

Antonio Ojea leva carios anos traballando no stack de networking de Linux. Agora mesmo traballa como enxeñeiro de software en Google, e antes pasou por empresas tan importantes como Midokura, Suse ou Red Hat.

A participación e gratuita mediante rexistro no meetup da Industriosa https://www.meetup.com/es-ES/aindustriosa/events/299375511/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal