Mancomún

Desvelando os segredos da rede de Kubernetes, na Industriosa

Desvelando os segredos da rede de Kubernetes, na Industriosa
Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

O vindeiro martes 16 de abril, ás 19:00, na Industriosa temos unha nova charla “Desvelando os segredos da rede de Kubernetes”.

Nesta charla Antonio Ojea vai desenredar os misterios e aventurarte máis aló da interfaz CNI de Kubernetes.

Neste charla abordarase:

– O funcionamento do kube-apiserver

– A exploración de kubelet, e como xestiona as conexións en cada pod

– Ir un pouco mai alá do básico, e descubre aspectos menos coñecidos de Kubernetes

Antonio Ojea leva carios anos traballando no stack de networking de Linux. Agora mesmo traballa como enxeñeiro de software en Google, e antes pasou por empresas tan importantes como Midokura, Suse ou Red Hat.

A participación e gratuita mediante rexistro no meetup da Industriosa.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal