O curso de Drupal 10 Front-End Development, é unha acción formativa cuxo propósito é a capacitación profesional dos seus traballadores/as para o deseño, desenvolvemento, implantación e xestión de portais Web, utilizando Drupal.
Drupal é un Sistema de xestión de contidos (CMS, Content Management System) que se distribúe como software libre, polo que pode ser modificado e distribuído libremente.
A través deste curso o alumnado será capaz de desenvolver novas funcionalidades en Drupal que permitan adaptar un sitio web aos requisitos funcionais requiridos. Estará capacitado para afrontar, tanto individualmente como en equipo, o deseño e implementación de sitios web complexos. A capacitación adquirida seralle de gran axuda para mellorar no seu posto de traballo ou mesmo emprender un proxecto propio baseado en tecnoloxías web.
Drupal 10 Front-End Development


