O curso de Drupal 10 Site Building é unha acción formativa cuxo propósito é a capacitación profesional das persoas participantes para o deseño, desenvolvemento, implantación e xestión de portais Web, utilizando Drupal.
Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS, Content Management System) que se distribúe como software libre, polo que pode ser modificado e distribuído libremente.
A través deste curso, o alumnado será capaz de desenvolver novas funcionalidades en Drupal que permitan adaptar un sitio web aos requisitos funcionais requiridos. Estará capacitado para afrontar, tanto individualmente como en equipo, o deseño e implementación de sitios web complexos.
A capacitación adquirida seralle de gran axuda para mellorar no seu posto de traballo ou mesmo emprender un proxecto propio baseado en tecnoloxías web.


