
Melide acollerá os días 17 e 18 de abril de 2026 unha nova edición de esLibre, o encontro anual de referencia para a comunidade interesada na cultura libre e nas tecnoloxías abertas. O congreso está organizado pola Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide (MeLiSA) e conta coa colaboración do grupo GALPon
O evento desenvolverase no Centro Sociocultural Mingos de Pita e no Edificio Multiusos. Ao longo das dúas xornadas haberá charlas, obradoiros, espazos de demostración, mesas de comunidades e actividades participativas dirixidas a persoas usuarias, perfís técnicos e público xeral interesado no coñecemento aberto.
A asistencia é gratuita previa inscrición, necesaria tanto para participar nas sesións colectivas como nas comidas comunitarias. Ademais, algunhas actividades, como talleres infantís ou accións específicas, requiren un rexistro adicional en función da demanda.
esLibre 2026 mantén a súa esencia: crear un punto de encontro para compartir experiencias, fortalecer redes e impulsar proxectos vinculados ao software libre, ao hardware libre e á cultura aberta. Tal e como destacan desde a organización, o valor do congreso non reside só nos contidos, senón tamén nas conexións que xorden entre participantes e comunidades.
Poderás atopar máis información na seguinte ligazón: https://eslib.re/2026/gl/


