Mancomún

Hackatón CuacFM: Radioco, proxecto libre para radios comunitarias

Hackatón CuacFM: Radioco, proxecto libre para radios comunitarias
Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

Únete ao hackatón de CuacFM sobre o proxecto Radioco o próximo sábado 30 de novembro e colabora na mellora dun proxecto open source que dá soporte á radio comunitaria da Coruña.

foto do estudio de cuac fm

Radioco é unha ferramenta feita en Python co framework Django que podería ser adoptada por radios comunitarias de todo o mundo, ¡e ti podes contribuír a facelo aínda mellor!

Sexas desenvolvedor, deseñador ou simplemente sintas curiosidade, ¡este evento é para ti!

Durante o hackatón, equipos e participantes individuais traballarán para mellorar Radioco. Teremos algúns issues creados, desde algúns sinxelos ata retos máis complicados, e ao final do día un xurado avaliará o traballo realizado.

Os mellores proxectos levarán premios valorados en máis de 600 €!

Detalles

📅 Data: Sábado, 30 de novembro

🕒 Horario: 10:00 a 20:30 (Ágora pecha de 14:00 a 16:00)

📍 Localización: Centro Ágora, A Coruña

💻 Participación: Aberto a todos, desde entusiastas ata curiosos

🎁 Premios: Valorados en máis de 600 €

🍽 Xantar: Raxería As Neves (opcional, achega de 3 €) Reserva o teu xantar neste enlace

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal