Mancomún

HobbyPont Global Game Jam 2025

HobbyPont Global Game Jam 2025
Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

Do 24 ao 26 de xaneiro de 2025, o Centro Social de O Gorgullón, en Pontevedra, acollerá a 5ª edición da HobbyPont Global Game Jam, un evento gratuíto que reunirá a entusiastas e profesionais de toda Galicia para crear videoxogos nunha fin de semana. Desenvolvedores, ilustradores, guionistas, músicos e outros creativos terán a oportunidade de unirse ao movemento global da Global Game Jam, onde milleiros de persoas participan simultaneamente desde todos os recunchos do mundo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal