Mancomún

“Imprimiendo la ciencia”: un obradoiro para descubrir a impresión 3D celebrarase o 26 de marzo na UDC

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

A Universidade da Coruña acollerá o 26 de marzo de 2026 unha nova sesión de GPUL School titulada Imprimiendo la ciencia: descubre la impresión 3D, un obradoiro introdutorio organizado polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) e impartido polo colectivo de divulgación científica UDCbigbang.

A actividade busca achegar ao público os fundamentos da impresión 3D e o seu valor como ferramenta para a investigación, a enxeñaría e a comunicación científica.

Ao longo da sesión explicarase como se preparan os modelos dixitais e como se transforman en pezas físicas mediante tecnoloxías de impresión en resina. As persoas participantes poderán coñecer de primeira man o proceso completo: desde o tratamento dos arquivos ata a súa impresión capa a capa, comprendendo as posibilidades que esta tecnoloxía ofrece para visualizar e materializar contidos científicos de maneira accesible.

O obradoiro desenvolverase nun formato práctico, pensado para persoas sen experiencia previa pero con interese por aprender a empregar estas ferramentas no seu ámbito académico, profesional ou divulgativo. A actividade é gratuíta e aberta ao público xeral, mais require inscrición previa a través da web de GPUL.

Poderás atopar máis información na seguinte ligazón: GPUL – Imprimiendo la ciencia: descubre la impresión 3D

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal