Do 3 ao 26 de setembro, Vigo acollerá o “Curso de Iniciación ás Follas de Cálculo”, un curso presencial centrado en LibreOffice Calc, unha ferramenta de software libre cada vez máis utilizada tanto no ámbito profesional como no persoal.
A formación, de nivel medio, está dirixida a persoal do CARPD que desexen mellorar as súas habilidades en ofimática.

O curso desenvolverase en modalidade presencial nas aulas de informática e multimedia, en horario de 10:00 a 13:00, e contará cun total de 24 horas de formación. Eva González, profesora encargada do curso, guiará aos participantes a través das funcionalidades básicas e intermedias de LibreOffice Calc.


