O Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) en colaboración co Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca a XVII edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co obxectivo de fomentar e achegar as universitarias e universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres.

O prazo de presentación de candidaturas remata o día 6 de setembro. O acto de resolución do premio será o vindeiro 20 de setembro.
Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado nalgunha das convocatorias do ano académico 2023-2024.
Toda a información sobre como participar está dispoñible na páxina do premio dentro da páxina web do CIXUG. Ademais, para calquera consulta pode contactarse coa organización do premio na Oficina de Software Libre do CIXUG, ou na Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega.


