O vindeiro xoves 20 de xuño terá lugar na sala Eisenman da Cidade da Cultura, unha xornada de presentación das iniciativas en materia de Inner Source que a AMTEGA porá en marcha durante os vindeiros meses.
O obxectivo destas iniciativas é fomentar entre as empresas galegas que conten con equipos de desenvolvemento de software a adopción de prácticas Inner Source, co fin de mellorar a sua eficacia e competitividade.
O evento contará coa participación de Daniel Izquierdo, actual presidente da InnerSource Commons, fundación internacional que agrupa ás diferentes persoas e entidades que apostan por esta corrente.
PROGRAMA
10:30 Apertura institucional
10:45 Introdución ao concepto de Inner Source
Daniel Izquierdo – Presidente InnerSource Commons
11:30 Iniciativas Inner Source AMTEGA
Pablo Sanxiao – Oficina Software Libre AMTEGA
12:00 Aperitivo e agasallo
LOCALIZACIÓN
Sala Eisenman
Centro de Emprendemento – Cidade da Cultura
Monte Gaiás s/n, 15707, Santiago de Compostela
INSCRICIÓN
https://i.gal/inscricion-innersource
Sobre Inner Source
Pódese definir o concepto Inner Source como a aplicación das mellores prácticas de desenvolvemento de software, que se dan nos proxectos de software libre, ao ámbito interno dunha organización. O software resultante de cara a fora pode ser software libre ou seguir sendo software privativo, pero dentro dos límites internos da organización os procesos de desenvolvemento son abertos, seguindo a filosofía dos proxectos de software libre.
O principal motivo para adoptar estas prácticas é que está altamente contrastado que o modelo de desenvolvemento do software libre facilita a innovación e a alta calidade no software. Son numerosos os exemplos de entidades de todo tipo que xa adoptaron esta iniciativa con excelentes resultados, empresas tecnolóxicas, entidades bancarias, empresas do sector da automoción ou grandes multinacionais de sectores non tecnolóxicos pero que desenvolven o seu propio software.


