Con esta formación o alumnado alcanzará un nivel de coñecementos e práctica que lles permitirá instalar e configurar unha estación de traballo nunha rede existente. O alumnado converterase nunha/nun usuaria/o avanzada/o de Red Hat Enterprise Linux v.9, con habilidades para administrar os sistemas Linux:
- A configuración e a xestión do almacenament
- A instalación e a implementación de RHE
- A xestión das funcións de seguridade como SELinu
- O control das tarefas frecuentes do sistema
- A xestión do proceso de arranque e a resolución de problemas
- A configuración básica do sistema
- A produtividade e a automatización da liña de comandos
O presente curso prepara ás/aos asistentes para a superación do exame de certificación Red Hat Certified System Administration (EX200).


