Mancomún

Red Hat Enterprise Linux Automation with Ansible – 1ª edición

Red Hat Enterprise Linux Automation with Ansible – 1ª edición
Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

O curso está deseñado para as/os administradoras/es e os desenvolvedoras/es de Linux que necesitan automatizar os pasos repetitivos e propensos aos erros para a preparación, a configuración, a implementación de aplicacións e a organización do sistema. Céntrase en aplicar os principios fundamentais da automatización para resolver os problemas reais dos sistemas e os servizos Linux a través da creación efectiva de playbooks de Ansible e o uso de Red Hat Ansible Automation Platform. Adquiriranse as habilidades necesarias para automatizar os fluxos de traballo, sentarán as bases para as prácticas de DevOps e aprenderase a utilizar Ansible Automation Platform para mellorar a eficiencia do desenvolvemento.

O curso baséase en Red Hat® Enterprise Linux® 9 e Red Hat Ansible Automation Platform 2.2.

O presente curso prepara aos asistentes para a superación do exame de certificación Red Hat Certified Engineer (EX294).

https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12816

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal