O primeiro dos Repair Cafés mensuais levarase a cabo no museo Domus da Coruña, terá lugar o venres 26 de abril en horario de 17.00 a 20.00.
E iso dos Repair Cafés, que son?
Un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se che ocorra.
Este Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónico con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:
- A difusión das tecnoloxías libres e a soberanía dixital.
- A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil. Isto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
- A redución da brecha dixital.
A organización do evento comentou:
“Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que surxen da colaboración de varias asociacións e a implicación de ONGs de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara ás persoas que os necesitan.”
“Buscamos ir máis aló da reparación dos equipos, impartindo formacións sobre o uso destas tecnoloxías e talleres de reparación. Tamén damos charlas en institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación e que ocorre coa súa eliminación.”
“Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia). Na Coruña, están implicadas persoas voluntarias da asociación Enxeñería Sen Fronteiras, Bricolabs e o museo Domus de A Coruña.”
Inscrición
Web do evento para anotarse ao Repair Café do 26 de abril, con imaxes de outros Repair Cafés organizados por nós: https://mobilizon.fr/events/e6690120-c84d-4d77-b11a-486807f53cee
Máis información a través do correo bancoreciclaxecoruna@galicia.isf.es ou do teléfono 616482579
Outra información de interese:
- Ficha do Repair Café A Coruña, na plataforma oficial repaircafe.org :
https://www.repaircafe.org/es/cafe/repair-cafe-a-coruna/ - Mapa mundial, con todos os Repair Cafés dados de alta na plataforma:
https://www.repaircafe.org/es/visitar/ - Ficha do Repair Café mensual na plataforma Restarters.net:
https://restarters.net/party/view/10636


