O 13 de marzo, en horario de 19:00 ata 20:00 horas, terá lugar no local da Industriosa a charla “Solana: unha guía para principiantes”.
Estás interesado en coñecer Solana, a plataforma blockchain de alto rendemento que pode revolucionar a industria 4.0? Tanto se es un principiante como se tes coñecementos básicos, este é un evento para ti.
Únete a Jose Corral nunha charla onde se abordará que é Solana, e onde se explicarán os conceptos principais da tecnoloxía.


