Mancomún

Xornada de Software Libre Científico organizada por Melisa

Xornada de Software Libre Científico organizada por Melisa
Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

O próximo 23 de abril terá lugar a VI edición da Xornada de Software Libre Científico. Este ano imos ata o Campus Terra de Lugo para poder compartir e dar a coñecer diferentes ferramentas libres para uso científico e académico.

A información sobre o programa está dispoñible na web da xornada, así como o formulario de inscrición. O acceso á xornada é libre e gratuíto.

Entre os proxectos que se presentarán cabe destacar os seguintes:

– QGIS. É un Sistema de Información Xeográfica (SIX) de Código Aberto que forma parte da Open Source Geospatial Foundation.

– ProjectLibre. Converteuse nun provedor global de software de xestión de proxectos cunha versión na nube e unha de escritorio de código aberto que substitúe a MS Project.

– FreeCAD. É unha aplicación de código aberto e libre para o deseño por ordenador en tres dimensións. É un programa semellante no xeito de traballar a CATIA, Creo, Autodesk Inventor, SolidWork, TopSolid ou Solid Edge.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal