Segundo a noticia aparecida no blogue http://wwwhatsnew.com, o software MyBooo presuntamente copiou o código do software EyeOS v0.9 (GPL), modificouno, borrou copyrights e non distribúe o código fonte, nin o modificado nin o orixinal, rompendo así a licenza GPL.
No citado blogue, aparece un extracto do correo dun desenvolvedor de EyeOS explicando e demostrando con capturas de pantalla como o software MyBooo está baseado no EyeOS…
Recordamos que EyeOS é unha contorna de escritorio web baseado en Software Libre, tamén coñecido como sistema operativo web ou oficina virtual. Con eyeOS podes organizarte, traballar e divertirte en calquera parte, usando o teu escritorio web totalmente personalizado.
Tres xoves cataláns son os creadores deste proxecto, eyeOS, que permite escribir documentos ou escoitar cancións sen un editor de textos ou un reprodutor de música no ordenador.
Pode ver a noticia completa, con máis información, comentarios por parte do desenvolvedor de EyeOS, na súa fonte orixinal en:
http://wwwhatsnew.com
Visto tamén en:
http://meneame.net/story/mybooo-copia-rompe-licencia-eyeos
