Jordi Massaguer Pla vén de publicar un conector, EZforOb, que permite a comunicación entre eZ Publish e Openbravo ERP. A integración de Openbravo cun sistema de comercio electrónico era unha das peticións que a comunidade estaba demandando e que agora se pode facer por medio de eZ Publish.
EZforOb permite conectarse coa instancia Openbravo ERP e descarga o catálogo de produtos da mesma. Todos os catálogos descárganse nunha carpeta invisible, de modo que o administrador da tenda pode publicar estes produtos onde desexe.
Na páxina do proxecto eZforOb está o ficheiro para descargar é todos os detalles técnicos e instrucións explicando o proceso de instalación. A integración implementouse facendo uso da biblioteca de Servizos Web en Openbravo (concretamente Apache AXIS).
A empresa que levou a cabo o desenvolvemento da aplicación foi Opentrends.
