A fase final do II Concurso Universitario de Software Libre celebrarase os días 8 e 9 de maio de 2008 na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Sevilla, ubicada no campus de Reina Mercedes.
Esta fase final consistirá nun ciclo de conferencias e talleres sobre Software Libre cun especial protagonismo dos responsables dos proxectos finalistas desta edición. Os participantes realizarán unha presentación sobre os obxectivos, motivacións, experiencias e curiosidades que lle proporcionou o desenvolvemento do seu proxecto…
Ao final das xornadas, faranse públicos os proxectos gañadores e procedarase á entrega dos premios.
2º Concurso Universitario de Software Libre:
http://www.concursosoftwarelibre.org/node/137
