TCO, en inglés “Total Cost of Ownership”, é un método para describir todos os custes asociados a unha infraestrutura. A pesar de ser un termo que xa apareceu na década dos 80, aínda non existe un método estándar para comparar dous TCO. Neste senso, a ferramenta
TCO-Tool pode axudar.
TCO-Tool é unha ferramenta desenvolvida polo goberno suízo, que ten como principal obxectivo permitir o cálculo dun TCO, ademais da creación de modelos transparentes de calquera tipo de infraestrutura para poder comparar estes custes entre eles…
Toda o código e documentación do proxecto pode descargarse desde a páxina do proxecto en SourceForge.net:
http://sourceforge.net/projects/tcotool/
Algúns casos de éxito de uso desta ferramenta son:
- O goberno suízo calculou os custes da infraestrutura de PC de polo menos 3 departamentos.
- Algunhas pequenas e medianas empresas de Suíza.
- Algunhas teses doutorais usaron a ferramenta para os seus cálculos.
- Diversas compañías e universidades de todo o mundo solicitaron a ferramenta: Alemaña, Austria, Francia, Brasil, China, etc..