Alfresco é unha solución completa para a xestión documental empresarial, coa que poderemos automatizar a captura, a xestión, o almacenamento e a preservación de contidos e documentos dixitais relacionados cos procesos da organización.
Un sistema de administración de contidos pensado para empresas de calquera tamaño, de software libre, baseado en estándares abertos, desenvolto en Java e multiplataforma (compatible con Windows, Unix Solaris e varias versións GNU/Linux).
Alfresco permite axilizar os fluxos de traballo, mellorando os seguintes puntos:
– Organización e consolidación do contido para a mellora da produtividade e mantendo o control da información corporativa que achegue valor.
– Compartir a información coas persoas de dentro e fóra da organización, incluídos os socios e clientes.
– Favorecer o cumprimento de normativas coa xestión documental integrada.
– Automatizando e optimizando os procesos empresariais críticos, como a tramitación de facturas e as aprobacións de gastos.
