Mancomún
Martes, 14 Xaneiro 2025

Aplicacións libres orientadas a empresa – Copia do texto das imaxes

Vídeo

Nesta entrega analizaremos outra ferramenta importante para o traballo, a identificación e copia dos textos das imaxes con TextSnatcher en sistemas GNU/Linux.

Portada de Aplicacións libres orientadas a empresa
Copia de textos das imaxes

TextSnatcher é unha aplicación libre e sinxela que nos permite extraer os textos das imaxes (usando dixitalización de textos ou OCR). Por detrás traballa coa potente ferramenta libre Tesseract.

Existen moitas ferramentas para realizar este traballo de extracción de textos, pero TextSnatcher facilita moito o proceso. Permite aos usuarios copiar rapidamente texto de calquera imaxe na pantalla ao portapapeis do sistema.

TextSnatcher

– A interface da aplicación é moi sinxela de usar. Só teremos usar a ferramenta de captura de pantalla predeterminada, que nos permitirá seleccionar o tipo de captura de pantalla que desexamos (completa, ventá actual ou selección).

– Conta con soporte para varios idiomas, que se poden seleccionar na interface: inglés, tailandés, támil, xaponés, hindi, árabe, ruso, francés, chinés (simplificado) e español.

– Utiliza Tesseract OCR 4.x para o recoñecemento de caracteres.

– Está publicada baixo unha licenza libre GPL 3.0.

– Podes acceder ao código a través do seu repositorio en Github.

Vídeo sobre TextSnatcher

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal