Mancomún
Mércores, 8 Maio 2024

Aplicacións libres orientadas a empresa – Mantén a túa atención con Pomatez

Vídeo

Nesta entrega analizaremos unha ferramenta moi útil no traballo, como é a xestión dos tempos e pausas nas nosas actividades.

Portada do artigo Aplicacións libres orientadas a empresa – Mantén a túa atención con Pomatez
Capturas da aplicación

A aplicación Pomatez é unha ferramenta de xestión do tempo baseada na técnica Pomodoro, deseñada para mellorar a productividade. Esta aplicación, enfócase en dividir o traballo en intervalos de tempo curtos e concentrados, seguidos de breves descansos.

Método Pomodoro

O método Pomodoro é unha técnica de xestión do tempo creada nos anos 80. A súa idea principal é dividir o traballo en períodos curtos de tempo, xeralmente de 25 minutos, chamados “Pomodoros”, seguidos dun breve descanso de 5 minutos. Despois de catro Pomodoros, faise un descanso máis longo de 15-30 minutos.

O obxectivo deste método é axudar á persoa a concentrarse máis intensamente na tarefa durante o tempo asignado e evitar a fatiga mental. Ao dividir o traballo en bloques pequenos, é máis fácil manter a concentración e evitar a procrastinación. Ademais, o método Pomodoro promove a idea de rexistrar as tarefas e o tempo empregado en cada unha, o que pode axudar a analizar a propia produtividade e identificar áreas de mellora.

Pomatez

Algúns aspectos chave de Pomatez inclúen regras personalizables, unha lista de tarefas integrada, notificacións de escritorio, pausas especiais, accesos directos de teclado, actualizacións automáticas, asistencia por voz e modo escuro, entre outras.

Pomatez é unha ferramenta útil para aqueles que buscan optimizar o seu tempo e mellorar a súa produtividade en diversas actividades, desde o estudo ata o traballo.

– Lista de tarefas incorporada: permíteche crear unha simple lista de tarefas pendentes e marcar as tarefas feitas cando están completadas.

– Pausas a pantalla completa: unha vez habilitadas, obrigarante a non continuar traballando durante o tempo de pausa ocupando toda a pantalla do teu escritorio.

– Notificacións de escritorio: os tipos de notificacións admitidas son:

  • Ningunha – non se mostrará ningunha notificación. Predeterminado.
  • Normal – mostrará notificación en cada pausa.
  • Extra – mostrará notificación 60 segundos antes de que comece a pausa, e 30 segundos antes de que a pausa remate, e cando a pausa realmente comece.
  • Pausas especiais – unha característica especial que permite estabelecer momentos específicos para facer pausas importantes como xantar, merenda, cea e etc., sen actualizar a configuración do Pomodoro.

– Asistencia vocal: unha vez habilitada, a túa notificación de escritorio incluirá unha voz masculina para informarche sobre cousas relacionadas coa túa sesión de Pomodoro. Ás veces útil especialmente cando estás lonxe do teu ordenador durante o tempo de pausa.

– Tema escuro: permíteche usar o modo escuro e axúdate a reducir a tensión ocular e mellorar a visibilidade se es do tipo de persoa con baixa visión e alta sensibilidade á luz brillante.

Vídeo sobre Pomatez

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal