Nesta entrega analizaremos outra ferramenta, moi útil no traballo, como é a toma de notas en formato MarkDown. Con QOwnNotes poderemos facer esta labor de toma de notas e organización delas dunha forma sinxela e efectiva.

QOwnNotes é unha aplicación libre (con licenza GPL), multiplataforma (GNU/Linux, macOS e Windows) de toma de notas que conta con integración en Nextcloud/ownCloud (tamén pode traballar opcionalmente en conxunto coa aplicación de notas de Nextcloud e ownCloud), podendo sincronizar as notas entre diferentes dispositivos:
– Todas as notas almacénanse como ficheiros de texto plano en formato markdown no teu ordenador, podendo lelas e modificalas sen problema con diferentes ferramentas de uso común, ademais de coa propia aplicación de QOwnNotes.
– É unha aplicación nativa, optimizada para a velocidade e que require de pouco procesador e memoria, podendo empregala en dispositivos con poucos recursos de hardware.
– Altamente personalizable e programable, tes o control sobre como queres traballar coas túas notas, sen necesidade de usar formatos complexos ou propietarios.
– Conta cunha comunidade activa onde resolver as túas dúbidas.

Outras características interesantes
– Podes usar os teus ficheiros de texto ou Markdown existentes, sen necesidade dunha importación
– QOwnNotes está escrito en C++ e está optimizado para un baixo consumo de recursos (sen necesidade dunha aplicación Electron que consuma moita CPU e memoria)
– Pódese importar os datos directamente desde Evernote e Joplin
– Compatibilidade coa aplicación móbil e Nextcloud Textloud/ownCloud,
– Soporte para compartir notas no teu servidor ownCloud/Nextcloud
– Xestión de listas de tarefas en Nextcloud/ownCloud (Nextcloud tasks ou Tasks Plus/Calendar Plus) ou usar outro servidor CalDAV para sincronizar as túas tarefas
– Podes restaurar versións anteriores das túas notas do servidor ownCloud/Nextcloud
– As notas eliminadas poden ser restauradas do servidor ownCloud/Nextcloud
– Vixilancia de cambios externos en ficheiros de notas
– Soporte para etiquetas de notas jerárquicas e subcarpetas de notas
– Cifrado opcional de notas, con AES-256 integrado, ou podes usar métodos de cifrado personalizados como Keybase.io (encryption-keybase.qml) ou PGP (encryption-pgp.qml)
– Pódense usar múltiples carpetas de notas

– É posible buscar partes de palabras nas notas e os resultados de busca resáltanse nas notas
– Extensión do navegador para engadir notas desde o texto seleccionado, facer capturas de pantalla ou xestionar os teus marcadores
– Soporte para corrección ortográfica
– Modo portátil para levar QOwnNotes nunha memoria USB
– Soporte para scripts e un repositorio de scripts en liña onde podes instalar scripts dentro da aplicación
– Aplicación web para insertar fotos do teu teléfono móbil na nota actual en QOwnNotes no teu escritorio
– Compatibilidade con temas en modo escuro
– Os paneis pódense colocar onde desexes, mesmo poden flotar e son completamente encaixables
– Modo sen distracción, modo pantalla completa e modo máquina de escribir
– Números de liña
– As diferenzas entre a nota actual e a nota cambiada externamente amósanse nun diálogo
– Dispoñible en máis de 60 idiomas
