Nesta entrega analizaremos outra ferramenta fundamental para o traballo, o xestor de proxectos OpenProject.

OpenProject é unha solución completa de software libre para a xestión de proxectos. Unha potente ferramenta de código aberto que ofrece unha ampla gama de funcionalidades para cubrir as necesidades de equipos e organizacións de todos os tamaños. A plataforma permite aos usuarios aplicar metodoloxías de xestión de proxectos clásicas, áxiles ou híbridas nun entorno seguro e colaborativo.
Planificación e programación

OpenProject proporciona ferramentas robustas para a planificación e programación de proxectos. Os usuarios poden crear e visualizar plans de proxecto usando diagramas de Gantt, o que facilita descompoñer actividades e establecer calendarios detallados para acadar os obxectivos do proxecto de xeito eficiente.
Metodoloxías áxiles

A plataforma é compatible con metodoloxías áxiles como Scrum e Kanban. Os taboleiros áxiles de OpenProject permiten organizar ao equipo de forma eficaz e ter unha visión clara do progreso do proxecto, favorecendo a colaboración e a adaptación.
Planificación de recursos

O planificador de equipos de OpenProject permite asignar tarefas visualmente aos membros do equipo nun calendario semanal ou quincenal. Esta función axuda a xestionar a carga de traballo e proporciona unha mellor perspectiva das actividades en curso.
Seguridade e protección de datos
OpenProject dá gran importancia á seguridade e protección dos datos:
– A plataforma pódese instalar na infraestrutura propia da organización, ofrecendo control total sobre os datos.
– Inclúe cifrado HTTPS, contrasinais seguras, autenticación de dous factores e definición do tempo de sesión.
– Ao ser de código aberto, permite unha visión clara do código fonte e a liberdade de usar, distribuír, estudar e modificar o software sen restricións.
Opciós de implementación
OpenProject ofrece diferentes opcións para adaptarse ás necesidades específicas de cada organización:
– Community Edition: Versión gratuíta cunha ampla variedade de funcións básicas.
– Enterprise On-Premises: Inclúe soporte profesional, extensións empresariais e funcionalidades de seguridade adicionais para instalacións autoaloxadas.
– Enterprise Cloud: Solución SaaS aloxada por OpenProject, que inclúe soporte profesional e extensións empresariais sen necesidade de configuración técnica.
Casos de uso
OpenProject demostrou ser beneficioso para diversas organizacións:
– Varias universidades utilízano para que os estudantes apliquen técnicas de xestión de proxectos na práctica.
– Nas empresas facilita a planificación rápida e exhaustiva de proxectos, mellorando a coordinación con clientes.
– Na Administración pública axuda a visualizar cronogramas e mellorar a coordinación entre os membros do equipo.
– Nas Organizacións sen ánimo de lucro proporciona unha plataforma centralizada para organizar tarefas e mellorar a eficiencia na xestión de proxectos.
