Balance do Plan de Acción de Software Libre 2025
O Balance do Plan de Acción de Software Libre 2025 recolle as principais actuacións impulsadas pola Amtega ao longo do ano nos ámbitos de empresa, cidadanía e administración pública.
Este documento inclúe actividades de divulgación, formación, publicación e reutilización de software libre, así como os servizos e recursos ofrecidos a través da Oficina de Software Libre e do portal Mancomún.
Poderás atopar datos de execución, iniciativas destacadas e resumo das liñas de traballo desenvolvidas durante o 2025.
