Mancomún
Mércores, 15 Marzo 2023

eXeLearning

Enlace externo

eXeLearning é unha solución que proporciona unha ferramenta para crear contidos educativos tanto para formato web como para soportes físicos como memorias USB.

Aínda que naceu como aplicación de escritorio, actualmente é unha aplicación web desenvolvida principalmente en Python e JavaScript que está liberada baixo os termos da licenza GPL versión 2 ou superior.

Esta aplicación presenta unha interface de usuario intuitiva e fácil de utilizar para que calquera docente sen coñecementos de deseño nin programación web poida preparar contidos educativos e publicar nunha páxina web ou empaquetar e exportar a diferentes formatos como poden ser SCORM, ePub ou IMS.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal