PDF (Portable Document Format) é un formato de ficheiro aberto creado por Adobe para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala no PC, imprimila… empregando un programa lector apropiado. O aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice.
Emprégase cando se quere conservar un documento cunha aparencia determinada e non se pretende que se vaia editar. De todas formas, nalgún momento é necesario facer algún tipo de edición, polo que existen varios programas para poder editar pdf’s que permiten unir/dividir/eliminar páxinas, entre outras características.
Existen multitude de servizos en liña que permiten facer edicións neste tipo de documentos, pero temos que ser conscientes que podemos estar enviando información privada a servidores que non controlamos, co risco de que nos rouben información sensible.
Vamos ver algunhas destas aplicacións de software libre que permiten facer edicións directamente desde o noso ordenador, sen necesidade de enviar datos a servidores externos.

LibreOffice Draw
Se necesitamos facer unha edición básica, podemos empregar esta ferramenta da suite ofimática de LibreOffice (LibreOffice Draw).
PDFtk
PDFtk é unha ferramenta sinxela para facer tarefas cotiás con documentos PDF. Ven en tres variantes: PDFtk Free, PDFtk Pro e a ferramenta en liña de comandos PDFtk Server.
PDFtk Free é unha ferramenta gráfica para fusionar e dividir rapidamente documentos e páxinas. É de uso gratuíto polo tempo que desexe.
– PDFtk: https://www.pdflabs.com/tools/pdftk-the-pdf-toolkit/
PDFArranger
PDF Arranger é unha pequena aplicación de python-gtk, que axuda ao usuario a fusionar ou dividir documentos PDF e a rotar, recortar e reorganizar as súas páxinas usando unha interface gráfica interactiva e intuitiva. É un frontend para pikepdf.
PDF Arranger é unha bifurcación do PDF-Shuffler de Konstantinos Poulios.
– PDFArranger: https://github.com/pdfarranger/pdfarranger?tab=readme-ov-file
PDFSam
PDFsam Basic é unha aplicación de escritorio gratuita e de código aberto para dividir, fusionar, extraer páxinas, rotar e mezclar ficheiros PDF. Os teus ficheiros permanecen privados no teu ordenador, sen necesidade de envialos a un servizo de terceiros. Gratuito e de código aberto.
– PDFSam: https://pdfsam.org/
PDF4Qt
Editor de PDF de código aberto baseado no framework Qt. Con unha robusta biblioteca C++, aplicacións intuitivas para visualización/edición de PDF e unha práctica ferramenta de liña de comandos, PDF4QT simplifica as túas interaccións co PDF, deseñado tanto para Windows como para Linux.
Os desenvolvedores teñen acceso a unha robusta biblioteca C++ e a unha práctica ferramenta de liña de comandos para unha integración de guións sen problemas. Aloxado en Github e opera baixo a licenza LGPLv3.
– PDF4Qt: https://jakubmelka.github.io/
PDFedit
PDFedit é un editor libre e de código aberto e unha biblioteca para manipular documentos PDF, lanzado baixo os termos da versión 2 da GNU GPL. Inclúe unha biblioteca de manipulación de PDF baseada en xpdf, unha interface gráfica de usuario (GUI), conxunto de ferramentas de liña de comandos e un editor de PDF.
Biblioteca multiplataforma que funciona en sistemas Unix, Windows32/64 e tamén en Windows CE e outros. Podes utiliza-lo para ler, cambiar e extraer información dun ficheiro PDF. Está baseado na biblioteca xpdf.
– PDFedit: http://pdfedit.cz/en/index.html
