Mancomún
Xoves, 26 Decembro 2024

Fina e os mapas – Descubrindo os mapas colaborativos

PDF

Nesta aventura, Fina xunto coa súa avoa, descobren o mundo dos mapas colaborativos, a relación entre a tecnoloxía actual e a arte da cartografía antiga. E convértense elas mesmas en cartógrafas da era dixital.

Portada de Fina e os mapas

Preséntase en formato dixital e tamén en formato impreso.
50 Páxinas
20 Ilustracións dobres

A iniciativa

Por que este libro?
Todo acontece nalgún sitio. Os mapas dende tempos lexanos son unha ferramenta imprescindible para coñecer e comprender o territorio que nos rodea. Con este libro preténdese dar a coñecer á xente nova a importancia dos mapas para entender o mundo, e tamén o concepto de mapas colaborativos, apoiándose na iniciativa máis coñecida neste eido como é o proxecto OpenStreetMap

Un mapa é ademais unha fonte de información, polo tanto, é importante tamén comprender que os datos que están detrás dun mapa teñen que ser abertos. Un mapa por si mesmo non é neutral, ten unha intención. Polo tanto é vital comprender a diferencia entre o mapa e os datos que o conforman, e que estes datos sexan libres, para partindo deles, crear os nosos propios mapas.
Créditos

Textos e idea orixinal: Pablo Sanxiao
Ilustracións: Iria Iglesias
Edita: Asociación GHANDALF
Deseño e Maquetación: Estudio Gnomo

Financiación


Esta iniciativa foi posible grazas á subvención ás asociacións galegas de usuarios de software libre, para impulsar a realización de actuacións para o fomento do uso de software e hardware libre en Galicia, na súa edición 2023-2024.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal