Mancomún
Xoves, 7 Abril 2022

Gnome 42

Enlace externo

Gnome 42 mellora o modo escuro e varias das súas aplicacións.

Novidades: moitas aplicacións ofrecen un mellor rendemento e un novo estilo de interface de usuario, máis moderno e con novos elementos (xestor de tarefas, contactos, calendario, reloxos, tempo e a tenda de aplicacións, entre outras).

captura

Renóvanse o editor de textos que xa non se chama Gedit, e o cliente de terminal agora chámase Console. O reprodutor de vídeo actualiza o soporte de OpenGL e conta con aceleración por hardware, o indexador de arquivos Tracker foi mellorado reducindo tanto o tempo de arranque como o uso da memoria.

O capturador de pantalla conta con novas opcións que facilitan a captura de pantalla ou a gravación do escritorio. Melloras no soporte de escritorio remoto grazas á actualización do protocolo RDP, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal