O software de cálculos numéricos GNU Octave anunciou a súa versión 7.2 con melloras de compatibilidade con Matlab e novas funcións. GNU Octave é unha ferramenta multiplataforma, está integrada dentro do proxecto GNU e está dispoñible en múltiples idiomas.

Novidades: axustes menores do rendemento, correccións de erros tanto de funcionamento interno como da interface gráfica por parte do usuario, ademais de correccións e a inclusión de exemplos na documentación.
Corrixida a eliminación dos espazos finais ao pechar un arquivo modificado. Corrixida a lonxitude do arquivo cando se garda un contido máis curto no editor. Corrixiuse a perda de memoria con funcións aniñadas e funcións anónimas, entre moitas outras.
