Esta guía enmárcase dentro do deber de sensibilización e divulgación para incrementar a concienciación dentro das Administracións Públicas e na sociedade en xeral sobre os requisitos de accesibilidade e a universalidade dos seus beneficios segundo o Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
É unha guía pensada para todas aquelas entidades e persoas que desenvolven software de calquera tipo, tecnoloxías ou documentación en formato dixital. Co obxectivo de axudalos a poñer o foco na accesibilidade, a través da concienciación sobre a importancia de construír tecnoloxía accesible, así como a través de recursos que os axuden a conseguilo.
