Mancomún
Xoves, 27 Maio 2021

Informe sobre a implementación da Directiva INSPIRE en España

Enlace externo

A Directiva INSPIRE 2007/2/CE establece que os Estados membros deben levar a cabo un seguimento da aplicación e utilización das súas infraestruturas de información espacial para cumprir coa Directiva e que deben elaborar un informe sobre diferentes aspectos do grao de desenvolvemento da aplicación de INSPIRE. Tanto o seguimento como o informe está regulado pola Decisión de Execución (UE) 2019/1372 da Comisión, do 19 de agosto de 2019.

imagen

A Comisión europea publicou os chamados Country Fiche, un resumo sobre os mecanismos de coordinación e aseguramento da calidade, funcionamento e coordinación da infraestrutura, utilización da IDE, posta en común dos datos e aspectos de custo-beneficio.

imagen

A Country Fiche de España mostra o uso anual dos servizos de rede dos conxuntos de datos contidos no Catálogo Oficial de Datos e Servizos INSPIRE (CODSI) de IDEE e que no seguimento infórmase da súa dispoñibilidade, accesibilidade e interoperabilidade.

imagen

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal