KeePassXC 2.7, nova versión deste xestor de contrasinais de software libre, multiplataforma, compatible co estándar de KeePass e que non necesita gardar os datos na nube.

Chega con numerosas novidades: etiquetas para filtrar rapidamente conxuntos de contrasinais, mellora en xestión de múltiples bases de datos e melloras no historial.
Soporte para desbloquear a base de datos mediante Touch IDE ou Windows Hello, e en GNU/Linux mellorouse a integración con Secret Service.
